VILAGARCÍA> O concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, e técnicos da empresa Eptisa, explicaron esta mañá ós voceiros municipais …
{flowplayer}images/salnes/pxoum_vilagarcia.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, e técnicos da empresa Eptisa, explicaron esta mañá ós voceiros municipais o contido do Documento de Inicio da Revisión do PXOUM.
Neste documento establécense os principios xerais sobre os que se elaborará o Plan e polo tanto, no que se define o modelo territorial de Vilagarcía para as vindeiras décadas. O documento de inicio ou avance do Plan presentado hoxe aos grupos da Corporación marca os obxectivos e criterios que deberá seguir o novo modelo territorial. A principal diferenza cos anteriores PXOUM, é que se cambia o modelo descentralizador seguido a partir dos anos 80 por un modelo compacto.
Nos vindeiros meses realizarase un informe sobre as suxestións e propostas realizadas polos colectivos veciñais e polos grupos políticos que, pola súa concreción, non tiñan cabida no avance. Cando este documento este avanzado, en maio está previsto solicitar unha entrevista na Consellería de Medio Ambiente. A intención é presentar en agosto un documento previo á aprobación inicial.
Desde a oposición, o PP valorou estas reunións previas pero di non entender porque se tardou un ano en facelo. Tomás Fole considera que á Xunta só lle hai que enviar agora un documento coas liñas xerais da revisión do Plan. O portavoz popular pide ó bipartito que se deixe de disputas internas, que dialogue máis co resto dos grupos da corporación e que saque adiante o PXOUM.
Redacción Salnés