O proxecto de vivenda non convence ó Concello de Cambados

    fran_100151107ok_001.jpgCAMBADOS > O Concello de cambados volve a rexeitar de novo o proxecto proposto pola Consellería de Vivenda para reformar o barrio de San francisco

    …A Comisión de Patrimonio do Concello indica que a falla de documentación e as necesidade de modifica-las obras son algúns dos motivos polos cales non se puido aprobar o proxecto, aínda así a comisión apunta a que os erros detectados se poden corrixir.

     Por segunda vez consecutiva a comisión de patrimonio do Concello de Cambados volveu a dar carpetazo o proxecto presentado pola consellería de vivenda para reformar o barrio de San Francisco.

     Os técnicos determinaron como na primeira ocasión que falta parte da documentación xunto coas modificacións nas obras que non poden tocar o conxunto das fachadas histórico artístico como ó parecer se contemplaba no proxecto da Consellería, a cal pretendía levanta-los tellados e variar notablemente la fisionomía dos seis edificios.

    Por iso Vivenda decidiu volver a modificar o proxecto e adecualo ás esixencias de protección que existen para este tipo de inmobles. Este documento volveu a ser analizado polo técnicos do Concello que segundo eles volveron a detectar anomalías como a situación dos planos de alzada e a planta dos captadores, que no proxecto non aparece reflectida a súa ubicación. Non se adxuntaron tampouco os planos das diferentes instalacións nin do saneamento.

    Finalmente aínda que hai que volver a modificar por terceira vez o proxecto, o Concello confía en que se poida levar ó cabo xa que segundo fontes municipais os defectos detectados se poden corrixir.

     

    Redacción Salnés