Salnés Click lanza a súa campaña de Nadal con multitude de propostas para agasallar

CAMBADOS>  Salnés Click prepárase para o Nadal. A plataforma pon en marcha a súa campaña para as Festas para seguir fomentando as vendas a través da internet. A campaña divídese en catro categorías con distintas propostas de agasallo, pensadas para distintos perfís.

A plataforma Salnés Click ponse a punto para o Nadal. O portal pon en marcha a súa campaña de Nadal reforzando o seu compromiso co comercio de proximidade, coa idea sempre de dinamiza-las súas vendas. Divídese en catro categorías.

A campaña busca apoia-lo comercio local aproveitando ao máximo a época de Nadal. Salnés Click ofrece diversas ideas de agasallo para a rapazada ou para o amigo invisible, que xa están dispoñibles para a súa compra. Ademais, o portal promociona distintas experiencias, tamén pensadas para agasallar.

Dende xeito, a plataforma reforza o seu obxectivo de converterse no gran escaparete do comercio de proximidade.  Unha tarefa na que a Mancomunidade e o Consorcio de Comercio do Salnés van da man. Os comerciantes, pola súa banda, celebran este tipo de campañas para seguir incentivando a recuperación do sector.

A plataforma Salnés Click, por certo, segue traballando para captar novos negocios, superando xa os 400 establecemento adheridos.