A Superiora do Asilo accede a reunirse con CCOO

    PROTESTAASILO copia.jpg PONTEVEDRA> Representantes dos traballadores e familiares do internos volveron a mobilizarse ante as portas do Edificio da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_CCOO_ASILO_210312.flv{/flowplayer}

    Os representantes dos traballadores da Residencia Virxe do Camiño de Pontevedra cambiaron a escalinata do asilo pola entrada do Edificio Administrativo da Xunta. A finalidade, a mesma, loitar pola situación laboral da plantilla da residencia ante o peche da instalación. Polo de agora parece que as protestas e mobilizacións comezan a dar froito. A Nai Superiora da congregación Hermanitas de los Ancianos Desamparados accedeu a reunirse cunha unha delegación de Comisións Obreiras para tratar o asunto. A cita será este mércores. Isto no laboral. En canto ós familiares dos residentes, a situación de inquedanza continúa.

    Ó tempo que tiña lugar esta concentración, no concello de Pontevedra os grupos da corporación debatía dúas mocións presentadas unha polo BNG, no grupo de goberno, e outra polo Partido Popular. Tras a pertinente negociación, ambas formacións acordaron aprobar un texto conxunto no que instan á Xunta a que priorice Pontevedra ante a posible creación en Galicia de novas Residencias de Maiores, e que o goberno local poña a disposición da Xunta os terreos precisos para poder levantar un centro destas características.

    Redacción Salnés