Permanece grave un policía local ó disparárselle a súa arma

    benito_romero100.jpgVILAGARCÍA> Evoluciona favorablemente, dentro da gravidade, Benito Romero, o policía local ó que se lle disparou por accidente a súa arma regulamentaria.

    {flowplayer}images/salnes/accidente_policia_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    O axente atópase ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra, a onde foi derivado logo de ser operado de urxencia no Hospital do Salnés. Na madrugada do domingo, Benito Romero atopábase limpando a súa arma nas dependencias municipais, durante a quenda na que tamén estaban outros dous axentes. A fatalidade quixo que a arma se lle disparase xusto cando a tiña mirando para o peito. Ó momento, os seus compañeiros deron a alerta.

    Malia tratarse dun accidente fortuíto, abríronse dilixencias de investigación en coordinación coa Policía Nacional, que xa dispón da arma do axente ferido. A consternación é evidente na comisaría da Policía Local e tamén no Concello.

    O edil de Seguridade Cidadá destaca de Benito Romero que é un axente moi experimentado e un gran compañeiro. Ademais é unha persoa moi coñecida na vila, destacando polas actividades que promove nos colexios. A última, fixo de narrador na obra musical El Gato con Botas. O accidente provocou ademais a cancelación do tradicional brinde da Policía Local, que ía ser esta semana.

    O disparo deixoulle tocado a Benito Romero o bazo, un dos riles, e un pulmón, pero non se teme pola súa vida.

    Redacción Salnés