Vilagarcía estrea a nova área verde do Ramal de máis de 4.300 metros cadrados

VILAGARCÍA> Vilagarcía estrea nova área de lecer. Xa está aberta ao público a nova zona verde da zona do Ramal. Un proxecto que busca reconectar a zona marítima coa cidade a través de zonas axardinadas e de sombra e unha pradeira cunha pequena lagoa. O concello destinou a este proxecto máis de un millón de euros de fondos Next Generation.

Esta é a nova imaxe que ofrece a zona do Ramal. O que antes era unha explanada transformouse agora nunha nova área verde de 4.300 metros cadrados. Un espazo que reconecta a cidade co mar.

O novo espazo inclúe a famosa pradeira presidida por unha pequena lagoa, con zonas de xardín, sombra e de estancia. Unha intervención que contou cun orzamento de máis de un millón de euros a través dos fondos Next Generation correspondentes ao Plan de Sustentabilidade Turística en Destino.

Contrapón o alcalde este resultado co proxecto que hai uns anos tiña o porto.

O seguinte plan do concello pasaría pola desaparición das antigas Naves do Ramal.

Esa sería a culminación, di Alberto Varela, do plan de posta a punto de toda esta zona do Ramal e da praia Concha, onde nos últimos exercicios se renovou o paseo marítimo e a iluminación da zona e se rexenerou o areal.