PORTAS> O colexio Domingo Fontán de Portas gozou dun menú de nadal grazas ao proxecto Mercaproximidade da Xunta de Galicia. Mediante esta iniciativa, o goberno autonómico está repartindo por diferentes centros da comunidade produtos típicos da terra como carne de tenreira, de porco e de cordeiro ademais de mel, faba, patacas e produtos lácteos.
O GDR Salnés Ulla Umia colabora co proxecto Mercaproximidade, unha iniciativa da Consellería do Medio Rural que permitirá a 1650 escolares galegos degustar menús de nadal elaborados con produtos agroalimentarios distribuídos pola Xunta.
Na zona do Salnés Ulla Umia, o GDR escolleu o colexio Domingo Fontán de Portas. O centro recibirá carne de tenreira, porco e cordeiro, ademais de patacas, fabas, mel e produtos láteos para confeccionar os seus almorzos especiais para preto de 300 estudantes.
Mercaproximidade é o canal alternativo de comercialización que a Xunta habilitou ao comezo da emerxencia sanitaria para garantir a saída das producións do sector primario. Agora, o goberno autonómico, aproveitará este canal parar repartir en preto dunha decena de centros escolares galegos máis de 600 quilos de produtos da nosa comunidade, permitindo realizar menús para os 1650 escolares.
A xunta repartirá con Mercaproximidade un total 348 quilos de patacas, 81 de fabas, 85 de carne de tenreira, 600 hamburguesas, 93 quilos de carne de porco e 40 quilogramos de carne de cordeiro. A isto sumaranse 1210 iogures, 52 queixos e unha decena de quilos de mel. Todos produtos de calidade e galegos acollidos aos indicadores xeográficos de Tenreira galega, mel de Galicia, fabas de Lourenzá e denominación de orixe protexido queixo de tetilla. Os beneficiados será oito centros escolares galegos que elaborarán os seus menús de nadal dende o 13 ata o 21 de decembro.