![]()
PONTEVEDRA> A fomación cualifica ós dous sindicatos de ‘vagos’ e ‘vendidos’ por firmar un acordo ‘discriminatorio para as mulleres’ e con desvantaxes laborais.
{flowplayer}images/salnes/CONVENIOS_CIG_240512.flv{/flowplayer}
‘Vagos e vendidos’. Así definiu hoxe a CIG ós sindicatos Comisións Obreiras e UXT por firmaren os convenios colectivos da conserva, do frío industrial e do transporte de mercadorías por estrada. No primeiro dos sectores, o novo convenio de 2011 a 2014 recolle subas salariais de 1,5 por cento o primeiro ano e logo do 1,3 por cento, sen revisión e sen garantía de que non haxa despidos, tal como indica a CIG. Este sindicato advirte ademais que se flexibiliza a xornada laboral nun 7 por cento, cando a reforma laboral fala dun 5 por cento.
Na comarca do Salnés, este convenio da conserva afecta a uns dous mil traballadores fixos e na de Pontevedra a uns 600. A CIG sinala que no novo convenio, suscrito polas patronais Anfaco e Feicopesca, se discrimina ás mulleres.
A CIG presentou unha demanda ante a Audiencia Nacional por telos excluído da negociación deste convenio, tendo en conta que son o sindicato máis representativo en Galicia. O sindicato critica a Comisións e UXT por deixalos de lado e á vez pedirlles unidade fronte á reforma laboral impulsada polo Goberno central.
En canto ó convenio do frío industrial, a CIG denuncia que recolle unha suba salarial moi escasa e que non mellora nada o anterior. E no caso do do transporte, sinala que recolle suba salarial dun 2% este ano e para 2013 dun 0,6%, que se revisará tendo en conta o IPC ou mesmo o prezo do petróleo de Brent.
Redacción Salnés









