O BNG denuncia un novo retraso nos prazos para desdobrar o corredor Brión-Noia

NOIA> O BNG de Muros Noia denuncia un novo retraso no desdobramento do corredor Brión Noia. As obras non comezarán ata 2026 ó non terse executado a partida para a expropiación dos terreos recollida non orzamentos.

Os nacionalistas denuncian o enésimo incumprimento dos prazos para executar o desdobre do corredor Brión- Noia. Agardaba que coa finalización da tramitación ambiental, este ano se comezase coa expropiación dos terreos para iniciar as obras en 2025. Non foi así polo que a previsión da Xunta de non comezar cos traballos ata 2026 supón un novo adiamento para a posta en marcha da futura autovía.

Dende o BNG critican os reiterados incumprimentos con partidas orzamentarias sen executar dende o ano 2018. Teñen previsto volver presentar emendas ós presupostos de 2025 se non inclúen unha partida suficiente para executar a expropiación e primeira fase dos traballos.

Critican ademais o triunfalismo do goberno autonómico á hora de valorar os prazos que supoñen xa un retraso acumulado de 15 anos dende o primeiro anuncio do inicio das obras.