Aguiño rendeu culto ó seu produto estrela, o percebe

RIBEIRA> Horas antes do inicio da apertura da carpa onde ía ter lugar a degustación, a carón da lonxa, foron formándose longas colas.

A ocasión ben o merecía. Todos querían probar, o que para moitos é o rei dos marisco: o percebe.

Un produto no que Aguiño ten moito que dicir, e do que aproveitan para gabarse. A fronte dos fogóns, como fan dende hai unhas 24 edicións, os propios percebeiros.

Eles son os que mellor entenden de como debe cociñarse este manxar da nosa ría. Na festa repartiuse unha tonelada de percebe acompañado, como é tradición, de cachelos.

Entre as autoridades presentes, non quixo faltar á cita o novo conselleiros do Mar, Alfonso Villares, que aproveitou a súa visita a Aguiño para destacar a importancia desta festa gastronómica, e o traballo dos profesionais, para dar a coñecer en todo o mundo a calidade dos produtos do mar de Galicia.

Durante o acto, e como vén sendo tradición nas últimas edicións, procedeuse tamén á entrega dos Percebeiros de Honra, que foron a parar este ano ó anterior alcalde, Manuel Ruiz, e a Rubén Lijó, veciño da localidade e que durante 15 anos traballou coma rescatador no helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia.