RIBEIRA> A consellería de Infraestruturas licitará proximamemente a redacción do proxecto da circunvalación de Ribeira. Trátase dunha actuación orzamentada en máis de nove millóns de euros, a acometer en dúas fases. A xuntanza mantida a pasada semana entre o alcalde de Ribeira e a Conselleira de Infraestruturas serviu para darlle o pulo definitivo á circunvalación da vila, unha obra moi necesaria dado a gran afluencia de tráfico pesado que soporta o casco urbano. Ethel Vázquez ratificou o seu compromiso de iniciar os trámites para licitar a redacción do proxecto. O orzamento estimado para a execución da obra superaría os nove millóns de euros co que se acometería en dúas fases.Dende o concello confían en que a licitación do trazado se resolva canto antes para que o proxecto poida estar redactado neste mesmo ano.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










