Cinco detidos no Barbanza por diversos roubos

    detencionsroubosbarbanza.jpgBARBANZA> A operación foi levada a cabo pola Garda Civil de Boiro. Os detidos xa pasaron a disposición xudicial, quedando todos eles en liberdade con cargos.

    {flowplayer}barbanza/detencionsroubosbarbanza.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver foron facilitadas pola propia Garda Civil de Boiro. Correspóndense con diversas ferramentas incautadas ós cinco detidos en diferentes rexistros efectuados que son empregadas habitualmente para a comisión de roubos. A operación policial iniciouse hai varias semanas, despois de que o Instituto Armado tivera coñecemento de diversos roubos que se estaban cometendo en diversos establecementos de hostalería da comarca e que polas súas características poderían ter unha autoría común.

    Roubo a restaurante

    Durante as investigación produciuse un novo roubo, concretamente na madrugada do pasado 24 de abril nun restaurante situado en Boiro, no que despois de forzar a porta de entrada subtraeron varias botellas de licores, a recadación da máquina comecartos, un televisor de plasma de 50” e diverso material informático. A primeira das detencións realizouse hai uns dez días, un noiés de 37 anos, que segundo fontes policiais trátase das persoas que participou neste roubo. As seguintes pesquisas permitiron que tres días máis tarde se detivese a dúas persoas máis, un home e unha muller, veciños da Pobra do Caramiñal e Ribeira respectivamente, ós que se lles imputa un suposto delito de receptación e outro contra a saúde pública, xa que no rexistro realizado no seu domicilio recuperáronse ó redor de trinta botellas de diferentes licores, 240 gramos de haxix e marihuana, así como 1200 euros en efectivo. A operación chegaba ó seu fin na madrugada de onte cando os axentes da Garda Civil boiresa procedeu á detención de dúas persoas máis que tamén participaron no roubo. Trátase de dous veciños do municipio de Noia, de 26 e 38 anos respectivamente. Un deles foi interceptado ás dúas da madrugada nun turismo pola estrada de Boiro a Noia e outro sorprendido no seu propio domicilio horas máis tarde. No maleteiro do primeiro foi onde se atoparon tódalas ferramentas, supostamente empregadas nos roubos. Os cinco detidos xa pasaron a disposición xudicial, os dous último sesta mañá, encontrándose todo seles en situación de liberdade con cargos.

    Máis investigacións

    A Garda Civil continúa a estas horas coas investigacións para tratar de determinar a súa posible participación noutros feitos delitivos cometidos tamén na comarca nas últimas semanas.

    Redacción Barbanza