Ribeira adxudica o contrato de xestión da escola infantil

RIBEIRA> O alcalde, Luís Pérez Barral, informou da adxudicación do novo contrato de xestión da escola municipal por un importe duns 538 mil euros á empresa Aurora Pilar e Ana SL.

Segundo el trátase dun servizo que supón un importante gasto para as arcas municipais, pero primordial para conciliar a vida laboral e familiar de moitas familias do municipio.

De aí que reclame da Xunta de Galicia unha maior implicación no financiamento deste servizo, pois segundo el apenas aporta uns 150 mil euros.

O rexedor ribeirense aproveitou tamén para volver a reclamarlle á Xunta unha segunda escola infantil para o municipio, facendo alusión ó compromiso realizado pola conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, durante as pasadas eleccións municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí