‘A pesares das dificultades, vexo o futuro da DORB con moito optimismo’

    balance_meirinocopy.jpgPONTEVEDRA> Así o ve José Ramón Meiriño, Presidente do CRDORB, a piques de rematar o seu mandato e da celebración de eleccións ó Consello.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_MEIRINO.flv{/flowplayer}

    En xullo de 2007 iniciaba José Ramón Meiriño a súa etapa coma presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas. Hoxe, cinco anos despois séntase para facer balance da súa lexislatura ante a inminente celebración de eleccións ó Consello. Comezamos o noso encontro botando a vista atrás e preguntándolle coma lembra os seus inicios, así nolo relatou.

    Agora, Meiriño ve eses comezos desde a perspectiva do final da súa lexislatura. Recoñece que foron uns comezos difíciles pero, ó tempo, un período no que conseguiron asentar unhas bases para os vindeiros vinte anos.

    Así mesmo, tódalas perspectivas que se marcara o pleno cumpríronse: tanto de crecer en cantidade de uva, coma en superficie cultivada, no número de viticultores, no número de litros vendidos e nas exportacións. Todo, grazas ós esforzos de adegueiros e viticultores. Polo tanto, balance global moi satisfactorio. Neste éxito, Meiriño incluíu tamén o traballo feito polos traballadores do Consello e polo pleno.

    Pero aínda que as cousas se fixeron ben, queda moito por facer. Un dos retos que se ten que marcar o novo pleno é o do control da produción. Aínda así, José Ramón Meiriño ve o futuro do Consello con optimismo. Nestes momentos, dixo, está ben posicionado, segue crecendo ano tras ano e co esforzo de todos hai que seguir manténdose neses niveis.

    O que resta, explicou é que o sector crea nas posibilidades da DO e siga traballando para estar entre as mellores denominacións de orixe de España.

    Redacción Salnés