A Rexeración da ensenada do Rial será realidade en breve

    VILAGARCIA> Costas asumirá o proxecto de rexeneración da Ensenada do Rial, en Vilagarcía. Tras varios anos de estacamento por mor…

    {flowplayer}images/salnes/ensenada_rial.flv{/flowplayer}

    … da non consecución dos problemas privados, finalmente a xefatura provincial do antedito departamento, comprometeuse en firme a retomar o proxecto de rexeración desta ensenada. De novo, o executivo vilagarcián retomará as negociacións cos veciños para intentar localizar a tódolos propietarios dos terreos da área de actuación delimitada.

    De non chegar a un acordo co global dos propietarios, cabe o recurso de recorrer á vía expropiatoria, o que sería máis afectiva pero ralentizaría o proceso de execución de acondicionamento desta zona verde, que segundo o acordado ca nova xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera, podería acometerse de inmediato e a fondos do Estado.

    A maiores da recuperación deste espazo do Rial, Paz Curbera tamén recibiu de bó grao a proposta de dar un novo pulo ó Paseo Marítimo entre Ferrazo e Vilaxoán, así como a Senda Verde que unirá Bamio e Carril pola Costa. Novas áreas de esparexemento en contacto directo ca natureza, que amais, recuperarán entorno naturais para o uso e desfrute da cidadanía.

    Redacción Salnés