LOUSAME> Un mozo faleceu e outros catro resultaron feridos nun accidente rexistrado durante a madrugada do domingo na estrada entre Boiro e Noia.
{flowplayer}barbanza/accidentelousameincendioescarabote.flv{/flowplayer}
O sinistro producíase preto das seis da madrugada do domingo cando o vehículo, un Dacia Sandero con placas de matrícula 6425 HJT, precipitábase por un barranco á altura da ponte de Cabrais no lugar de Tállara en Lousame.
Finalmente, tras permanecer ingresado varias horas con prognóstico moi grave, o mozo con iniciais JRMF falecía esta tarde. Do resto dos ocupantes, un O.B.M evoluciona favorablemente dentro da gravidade. Outros dous mozos, con feridas de diversa consideración, foron trasladados a planta e un xa foi dado de alta. Todos son veciños de Noia con idades comprendidas entre os 20 e os 25 anos.
Incendio na Magdalena
Esta non foi a única intervención dos bombeiros de Boiro que esta mañá, pasadas as once, recibían o aviso dun incendio nun galpón da zona da Madalena, na parroquia boirense de Lampón.
Aínda que o fume afectou á vivenda todo quedou nun susto e non houbo que lamentar danos persoais.
Redacción Barbanza