![]()
SANXENXO> Telmo Martín considera un fracaso a planificación do verán realizada polo tripartito de Sanxenxo. Nin o coidado das praias, nin a limpeza das rúas nin as medidas en materia de seguridade cidadá e tráfico convencen ao líder do Partido Popular local, que alertou do perigo de que Sanxenxo acabe identificado co turismo de borracheira.
Para Telmo Martín, o verán que acaba de rematar é un novo fracaso do tripartito de Sanxenxo.
O voceiro do Partido Popular criticou o estado das praias, a limpeza das rúas e as medidas en materia de seguridade cidadá e de tráfico. Algo que, asegurou, podería solucionarse cunha maior planificación.
E é que a Martín preocupa o posible deterioro da imaxe de Sanxenxo como destino de calidade.
Para evitar esta situación, o líder popular propón o incremento das partidas para a contratación de auxiliares de Policía Local ou socorristas, unha medida que precisaría de aprobar os orzamentos en xaneiro. Tamén actualizar e facer cumprir as ordenanzas que regulan o consumo de alcohol na rúa e a de orden público.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/balance_veran_telmo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/20/balance_veran_telmo.mp4{/flowplayer}








