Os concellos da Comarca únense contra a violencia de xénero

    COMARCAS > Cada 18 segundos unha muller é agredida no mundo, unha cifra que fala por sí soa da necesidade de erradicar un problema social que cada vez cobra, desgraciadamente, maior protagonismo: a violencia de xénero. O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller recórdanse ás víctimas. Nós saímos á rúa na comarca para coñecer o grao de incidencia deste problema na zona: na maioría dos casos denunciados, as víctimas son mulleres a partir dos 50 anos que non aturan máis unha situación coa que conviven dende hai anos. 

    maltrato2.jpgOs responsables dos Centros de Información á Muller da zona son reacios a facilitar datos estatísticos en torno ós casos que atenden, aínda que todos rexistran casos de violencia de xénero en maior ou menor medida. Pola contra, establecen claramente o marxe de idades no que se concentran máis demandantes de axuda.

    O 25 de novembro foi declarado ‘Día Internacional Contra a Violencia cara ás mulleres’, no primeiro encontro feminista de Latinoamérica, que se celebrou en Bogotá en xullo de 1981 e para non esquecer ás irmáns Mirabal, asesinadas en 1960 por mandato dun dictador na República Dominicana que non aceptou a negativa dunha delas ás súas pretensións.

    Cincuenta e seis mulleres morreron no que vai de ano en España a mans das súas parellas ou exparellas, e 72 faleceron durante 2004, unha menos que en 2003, segundo datos do Instituto da Muller. Dáse a circunstancia que en só 3 dos 56 casos contabilizados este ano pesaba sobre o agresor unha orde de alexamento. Isto introdúcenos nun dos problemas básicos á hora de erradicar este mal endémico: as víctimas non denuncian e mesmo se autoinculpan da agresividade das súas parellas. Polo miúdo, os seus fillos acaban apoiando a iniciativa de denunciar os malos tratos, anque inicialmente a loita é individual.

    Educar dende a infancia. Ése é un dos camiños. É imprescindible fomentala creación e o desenvolvemento de Programas Educativos, que conleva educar ás xeneracións futuras na igualdade e o respecto.

    Dende os colectivos que loitan por atallar o problema dos malos tratos apostan polo asociacionismo: a unión entre as víctimas é fundamental para que os poderes públicos endurezan as penas ós agresores.

    En España cúmprese un ano dende que se aprobou a Ley Integral contra a Violencia de Xénero e unha das principais queixas é que faltan xulgados adicados á atención das víctimas. O asesoramento xurídico é fundamental nestes casos, pero tamén o apoio sicológico ante unha situación que anula á persoa que padece un caso de malos tratos.

    Redacción Salnés