Eurolatón inaugura unha depuradora para reciclar a auga da fábrica

    china_eurolaton_100_150906.jpgCALDAS > Unha delegación política do pobo chino de Yuhuan visitou este venres as instalacións da empresa Eurolatón, en Caldas de Reis. O grupo galego leva varios anos traballando no país asiático onde está a piques de construir un gran complexo para aglutinar tódalas fases de producción. O seu presidente, Carlos Pérez, está considerado como o empresario galego con máis empregados en China. Aproveitando esta visita inaugurou unha depuradora para reciclar a auga que recicla na súa fábrica de Caldas.

    china_eurolaton_300_180906.jpgA planta de Tibo, en Caldas, é o centro neurálxico dunha empresa que, ademais de China, tamén ten presencia en Alemaña, México, e agora tamén Arxentina, e con miras de aquí a dous anos, a abrir oficinas en Brasil e Francia. Agora mesmo a marca Eurolatón comercialízase en 20 países, e segundo o presidente da empresa, a entrada en China foi decisiva para chegar a esta expansión.

    Nesta visita, o presidente de Eurolatón aproveitou para amosarlle á delegación china a súa última incorporación á planta de Caldas. Con esta depuradora, a empresa tratará as 24 horas do día a auga empregada no proceso de fabricación eliminando calquera elemento contaminante. Un proceso que antes se facía manualmente. Con esta depuradora, Eurolatón avanza no seu obxectivo de conseguir o certificado ISO 14001 de respecto e conservación do medio ambiente.

    A delegación política china foi recibida no concello polo tenente de alcalde Juan Manuel Rey e tamén tiña na súa axenda unha entrevista co conselleiro de Industria. O gobernador de Yuhuan cre que esta visita a Galicia servirá para abrir colaboracións futuras en diversos sectores entre ambas rexións e anunciou que proximamente se desprazará unha delegación empresarial do seu país para estudiar posibles investimentos en España.

    Redacción Salnés