CAMBADOS> Cambados unifica todas as súas webs nun único portal. Dende agora, a información sobre enoturismo ou o portal da transparencia estarán integradas na páxina web oficial do Concello. Este cambio implicou tamén unha actualización dos códigos QR repartidos polo municipio, entre eles o Museo do Viño. Os encargados de actualizar eses puntos de información foron os alumnos do Obradoiro de Emprego municipal.
Cambados.es será a única referencia oficial do municipio na internet. O Concello decide prescindir do resto de dominios cos que contaba ata o de agora, centralizando toda a información nun único portal, con varios subdominios.
Este cambio, implica tamén a actualización dos distintos códigos QR esparexidos por algúns dos principais puntos turísticos do municipio, como estes instalados no Museo do Viño. Da súa posta a punto ocupáronse os 8 alumnos do obradoiro de emprego municipal.
Os códigos QR permiten ó visitante dispor no seu teléfono de toda a información do elemento que está a contemplar.
Cambados conta na actualidade con 15 códigos QR, repartidos polos seus principais enclaves.