Novo revés urbanístico para o concello de Boiro

    suspendidalicenzaedificioboiro.jpgBOIRO> O executivo boirense enfróntase novamente a unha sentenza que anula unha licenza outorgada a unha edificio construído na avenida de Barraña.

    {flowplayer}barbanza/suspendidalicenzaedificioboiro.flv{/flowplayer}

    A sentenza supón un novo revés en materia urbanística para o concello de Boiro. Aínda así non é tan grave como a referida ó edificio do río Breiro sobre o que pesa orde de derrubo. Neste caso a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que é firme e contra o que non cabe recurso, anula a reorganización efectuada das fincas sobre as que se construíu o edificio, na avenida de Barraña, así como para a licenza urbanística de construción outorgada no ano 2007 polo goberno bipartito.

    Segundo o actual alcalde para o concello non suporá ningunha multa económica nin administrativa, e non existe tampouco risco para as familias que xa residen neste inmoble.

    Redacción Barbanza