RIBEIRA> A colaboración entre o concello de Ribeira e a asociación cultural Alfaia fixo posible a recuperación da tradición de San Cristovo, que dende hai anos se ven celebrando no municipio. Terá lugar este domingo a partir das once da mañá. Dende a organización convidaron a tódolos veciños a participar cos seus vehículos engalanados co fin de facer máis vistosa a procesión. A xornada servirá ademais para lembrar ás vítimas nos accidentes de tráfico e fomentar a sensibilización sobre a condución segura.
Inicio BARBANZA