NOIA > O tenente de alcalde de Noia mantivo unha xuntanza co subdirector xeral de Gandeiría para analizar a suspensión da feira porcina quincenal.
{flowplayer}barbanza/feiragando.flv{/flowplayer}
A finais do mes de xaneiro pechaba as súas portas a feira quincenal de porcino que se celebraba dende hai décadas no concello de Noia. A denuncia foi realizada pola Agrupación de defensa sanitaria do Porcino Coruña-Sur porque o recinto non reunía as condicións hixénico-sanitarias exisible para celebrar un evento destas características.
Ademáis, unha inspección realizada no ano 2003 pola Xunta de Galicia xa advertía das irregularidades que presentaba o recinto, emprazado na explanada de San Lázaro.
Por este motivo, o concello de Noia tomou a decisión de suspender a feira xustificando a decisión en que non se cumprían ningún dos requisitos sanitarios que marca a lei.
Falta de axudas
Con todo, de momento, é improbable que a feira se retome a curto prazo xa que actualmente non existe ningún programa nin línea de axudas específicas para a construcción de recintos pechados adicados a venda de gando, tal e como lle confirmou ao mandatario noiés o director xeral de Gandeiría, Francisco Chivite co que mantivo unha xuntanza para analizar esta situación. O que sí se celebrará será a Feira cabalar anual de San Marcos.
Pola súa banda, a ducía de gandeiros afectados cren que o peche afectará tamén ao comercio da localidade, dado que a feira atraía a veciños de concellos limítrofes.
Redacción Barbanza