VILAGARCÍA> O día de San Valentín celébrase hoxe en Vilagarcía proclamando o amor pola diversidade. No IES Castro Alobre organizaron un certame de fotografía co que queren reivindicar que hai tantos xeitos de amar como persoas no mundo. Detrás deste certame atópase o colectivo Zona Aberta e o Grupo de Diversidades afectivo sexuais deste centro.
Esta imaxe serve para representa-lo Día de San Valentín. Esta tamén. E así ata 41 fotografías. Coincidindo co 14 de febreiro, o IES Castro Alobre de Vilagarcía puxo en marcha un concurso de fotografías coas que visibiliza-la diversidade afectiva, máis alá dos estándares clásicos da heterosexualidade. Porque a realidade demostra que hai tantas formas de amar como persoas. Detrás deste certame atópase Paloma, responsable do Grupo de Diversidades afectivo sexuais deste centro.
O concurso de fotos forma parte da campaña de San Valentín de Zona Aberta. O colectivo de comerciantes vilagarcián quixo darlle este ano un renovado significado a esta celebración, proclamando o seu amor pola diversidade.
O certame fotográfico é só unha mostra máis da intensa actividade que vén desenvolvendo o IES Castro Alobre nesta materia. O seu Grupo de Diversidades afectivo sexuais celebra xa tres anos de vida, convertido nun gran soporte para a visibilización e normalización da divesidade.
As tres mellores imaxes deste concurso foron premiadas con vales de compra, cortesía de Zona Aberta. A mostra estará exposta no centro durante 15 días. Despois percorrerá distintos comercios da cidade e fará parada tamén no Centro de Educación Especial de Saiar.