![]()
RIBEIRA> A nova ordenanza sobre terrazas, aprobada inicialmente no pleno do pasado luns, caeu como unha bomba entre o sector hostaleiro de Ribeira.
{flowplayer}barbanza/malestarordenanzasterrazas.flv{/flowplayer}
O texto da ordenanza municipal reguladora das terrazas, que foi aprobada en solitario polo executivo ribeirense no último pleno, inclúe unha serie de puntos que non contentan nin ós profesionais do sector nin ós propios clientes.
O principal é o horario: o límite durante o inverno establécese ás doce e media da noite, ampliándose unha hora nos meses de verán. Unha medida que no sector consideran moi restritiva e que tan só contribuirá a seguir afundido a súa actividade, moi castigada xa pola crise.
O outro punto quente da ordenanza refírese á prohibición da publicidade comercial, debendo instalar un mobiliario homoxéneo cunhas características específicas. Outro desembolso económico que non colle ós hostaleiros no seu mellor momento.
Alegacións
Entre a clientela, a opinión maioritaria tamén é negativa. O descontento dos profesionais e dos clientes vense sumar ó dos grupos da oposición que xa durante a sesión plenaria solicitaron sen éxito que a normativa se deixara sobre a mesa ata consensuala cos afectados. Non foi así, e a ordenanza foi aprobada, aínda que de xeito inicial, polo que gora ábrese un período dun mes para a presentación de alegacións na que os empresarios do sector tentarán achegar posturas co executivo.
Esta mesma semana, o presidente da patronal ribeirense manterá un encontro co alcalde, Manuel Ruíz, para transmitirlle as demandas do sector.
Redacción Barbanza









