Vilagarcía apela á solidariedade para axudar ós nenos saharauis

SAHARAHUIS copia.jpg VILAGARCÍA> Concello e Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organizan esta fin de semana unha cea e un torneo de fútbol benéfico.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_FONDOS_SAHARAHUIS.flv{/flowplayer}

Dos trescentos vinte e dous nenos saharahuis que este ano pasarán o verán con familias de acollida galegas, case douscentos estarán na provincia de Pontevedra, e catorce na zona do Salnés. Normalmente os gastos de desprazamento dos cativos adoitan cubrilos os concellos de destino, pero para axudar a aqueles que non contan cos recursos suficientes, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui organiza esta fin de semana en Vilagarcía dous actos solidarios. O primeiro, o sábado, unha cea no restaurante Gato Negro.

O segundo dos actos terá carácter deportivo. Será o domingo: un torneo de fútbol no campo de Verdón onde doce equipos competirán entre eles por uha boa causa. Neste caso a recadación virá do obtido na cantina.

O obxectivo é lograr que un ano máis estes cativos consigan gozar duns meses de lecer nos que esquecer as penurias do seu día a día. Desde o concello de Vilagarcía colaboran na coordinación dos eventos e animan ós veciños a formar parte desta iniciativa solidaria.

Redacción Salnés