Sen novas sobre o paradoiro da moza desparecida na Pobra

    POBRA> Continúa a busca de Diana Quer, a moza madrileña que desapareceu na Pobra cando regresaba á súa casa pola noite trala festa do Carme dos Pincheiros. Cando se van cumprir case 3 días desta inquietante desaparición, continúa sen haber ningunha versión oficial do que lle puido acontecer á rapaza. A familia de Diana, envoltos dunha gran expectación mediática, continúan sen saber nada sobre a súa filla. Piden colaboración a calquera persoa do entorno da Pobra e a comarca que poida ter algunha pista sobre o paradoiro da moza, e continúan afirmando que a desaparición de Diana é contra a súa vontade. Dinnos que non queren entorpecer o traballo dos investigadores e non dan total credibilidade ás diversas información publicadas nalgún medios sobre whatsapps alarmantes que Diana enviou a un coñecido esa noite, nin ás contradiccións sobre as horas ás que viron á rapaza pola Pobra. Confían plenamente na exhaustiva investigación que, afirman, están a levar a cabo os profesionais. Con este dispositivo buscan descartar definitivamente a hipótese dunha perda da rapaza pola zona, para poder centrarse noutras posibilidades que está a xurdir. Axentes da policía xudicial estiveron no domicilio familiar do Xobre para recoller diversos obxectos persoais da rapaza. Iso, o silencio arredor das pesquisas pola súa banda é absoluto.