Barbanza afronta un Nadal incerto ante a suba de casos de covid

RIBEIRA> O concello de Ribeira mantense por riba do medio cento de casos activos de covid. Convértese así no municipio con maior incidencia da comarca seguido de Noia que suma xa 45 positivos.

A tendencia á alza en boa parte dos concellos barbanzáns augura unha escalada dos casos de covid polo que non se poden descartar restricións de cara ó Nadal. Ribeira é o concello máis afectados con 52 positivos e unha incidencia acumulada próxima ós 200 casos.

Medran tamén os casos activos en Noia con 45, na Pobra con 29, Boiro con 6 e Porto do Son con 20. Mentres, no resto de municipios, a situación semella máis favorable posto que ningún supera a decena de positivos. Haberá que agardar a ver como evoluciona a situación nos próximos días. Dende os concellos fan un chamamento a extremar as medidas de prevención ante a proximidade das festas de Nadal.