Veloso afronta con ilusión o Tour de Luxemburgo

VILAGARCÍA> Hoxe deu comezo o Tour de Luxemburgo, competición na que participa Gustavo César Veloso. Falamos co ciclista vilagarcián xusto antes de abandonar a súa terra camiño de centroeuropa. O seu obxectivo a curto prazo é preprarar o Campionato de España de Contrarreloxo, que se disputan dentro dun mes.

{flowplayer}images/salnes/Veloso_300512.flv{/flowplayer} 

Hoxe arranca o Skoda Tour Luxemburgo, competición na que participará Gustavo César Veloso. A primeira etapa será unha prologo curta de apenas 2,7 quilómetros, que dará paso nas xornadas posteriores a catro etapas de media e alta montaña que exixirán o mellor de cada un dos participantes. O domingo rematará o Tour.

A presencia de equipos como o Radioshack, Cofidis ou Vacansoleil, garantizan o alto nivel competitivo. Alí Veloso tentará seguir collendo a súa mellor forma logo dun inicio de temporada que non foi demasiado bo.

Tras o Tour de Luxemburgo, afrontará en Suíza un par de clásicas: o Gran Premio Cantón de Argovie, o día 7, dous despois o Delta Tour de Zeeland e a semana seguinte a Route du Sud, do 14 ó17. Pero o obxectivo en xuño é o Campionato de España de Contrarreloxo, a finais de mes.

O certo é que Veloso ten apuntada no calendario esa contrarreloxo da Volta a España entre Cambados e Pontevedra, na que de seguro tentará facer un bo papel diante da súa xente.

Redacción Salnés