Ribadumia e Portonovo asinan táboas nun derbi vibrante

SALNÉS> Ningún dos equipos do Salnés na Preferente Sur coñeceu a derrota esta fin de semana. O Sanxenxo mantense intratable e sumnou a súa terceira victoria en tres partidos mentres que o Arosa volveu pola senda do triunfo doblegando ó Arenteiro. O Unión do Grove empatou na casa mentres que Ribadumia e Portonovo repàrtíronse os puntos no derbi da Senra.

{flowplayer}images/salnes/preferente_100912.flv{/flowplayer} 

Partido moi bonito o que se puido presenciar onte entre dous aspirantes ó ascenso como Ribadumia e Portonovo. Os locais adiantaríanse moi cedo no marcador pero Nacho empataría antes do descanso. O encontro estivo cheo de alternativas no xogo e no electrónico, xa que Martín poñía por diante ós visitantes ós 57 minutos tras unha boa xogada colectiva. Sen embargo os de Pablo Vázquez empatarían no treito final, tras un remate de Rober. Ambos conxuntos mantéñense na parte cómoda da táboa.

O Arosa apunta alto tras vencer sen problemas ó Arenteiro. Os vilagarciáns volveron a amosar a cara boa grazas sobre todo a aportación de Hugo, autor dos dous primeiros tantos. Dabarca recutaría para os visitantes de penalti no minuto 74 e o Arenteiro foise a polo empate. Os espacios que deixou atrás foron aproveitados polo Arosa para pechar o partido cun gol de Ramón.

O Sanxenxo é o único que é quen de manter o ritmo do Barco e suma nove de nove, mantendo así a segunda praza da xeral. Onte foron moi superiores ó Mondariz ó que doblegaron por 2-0 con tantos de Curri e Cuchi.

Mentres o Unión do Grove sigue sen coñecer a victoria logo de empatar na casa ante o Verín. Álex adiantou ós de Ricardo Dios no minuto 36 pero o Verín empataría no segundo tempo. Unha mágoa para o Grove que dispuxo de opcións claras para sentenciar o partido.

Redacción Salnés