Mala xornada para o Salnés na Preferente Sur

preferente250_010210.jpgSALNÉS> Non se pode dicir que esta fose unha boa xornada para os conxuntos do Salnés. Ningún dos cinco equipos foi quen de gañar. Ribadumia, Portonovo e Sanxenxo empataron mentres que Arousa e Cambados perderon, os de Carregal goleados por 7-0 na Baiuca.

{flowplayer}images/salnes/preferente_010210.flv{/flowplayer} 

Tan só o Ribadumia xogou onte coma local e os de Carducho puideron arrancar un empate ante o Pontellas (2-2). E iso que as cousas comezaron moi mal, con dous goles dos vsitantes na primeira media hora. Nando facía un golazo ós 24 minutos que colocaba o 0-1. Pouco despois Iván Renda e Juanjo estorbánbanse para despexar un coiro. Falqué foi máis listo que eles para asinar o segundo do Pontellas. O Ribadumia puido empatar grazas a que chegou vivo ó descanso. Iago a cinco para o remate do primeiro tempo acurtaba diferencias. Xa na segunda parte sería Iván o que poría o 2-2 no taboleiro de marcas. Un empate xusto para os meritos feitos por uns e outros. O Ribadumia continúa nunha zona cómoda da xeral.

Pola parte alta da xeral había dous partidos que enfrontaban a rivais directos polo ascenso e ambos saldáronse con empates que se poden calificar de positivos.

O Portonovo arrancou un punto en Santa Mariña ante o líder Choco (0-0) nun encontro no que o medo a perder fixo que os dous equipos se adicaran máis a defender que a atacar.

O Sanxenxo tamén sumou un punto no difícil campo do Arenteiro (1-1) logo igualar Fontán na segunda parte o tempraneiro gol de Nicol por parte dos locais.

As malas novas chegaban por parte do Arousa e do Cambados. Os de Carregal nada puideron facer no seu peor partido da temporada ante o Estradense (7-0). Xa perdían por 2-0 ós 11 minutos e foron superados en todo momento polo equipo de Manuel Blanco, que debutou non banquiño local en substitución de Javier Oreiro.

O Arousa pola súa parte perdía en Barreiro por 2-1 ante o Gran Peña. Dous despistes en defensa condenaron ós de Ricardo e fixeron inútil o tanto de Álex. Os vilagarciáns están cada vez máis lonxe dos postos de ascenso.

Redacción Salnés