Fole: ‘O obxectivo é sacar o deporte e a xente á rúa’

VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, presentou esta mañá o calendario de actividades da Festa do Deporte, que se desenvolverá mañá e o sábado. O obxectivo este ano é sacar o deporte á rúa e que o cidadán participe activamente na festa. O peche porase o sábado ás 22 horas coa celebración da Gala do Deporte na que se escollerá ó deportista do ano.

{flowplayer}images/salnes/FestadoDeporte_310512.flv{/flowplayer} 

Mañá ás 10:00 arranca en Fexdega a Festa do Deporte cunha serie de actividades adicadas tanto a nenos como a maiores. O evento trasladarase pola tarde á Praza de Galicia e á Rúa Castelao, onde estará ata o sábado pola noite. 

O lema deste ano é ‘Persegue o teu soño’, co que se resalta a importancia dos deportistas locais de primeiro nivel como espellos onde os máis novos poden mirarse. A Gala do Deporte dará comezo ás 22:00 horas na Praza de Galicia, unha cerimonia que segundo avanzou Fole, será moi visual, atractiva e participativa, dirixida polo teatro Cadaquen.

Tanto o deportista do ano como o resto de nominados recibirán un trofeo moi novidoso, deseñado polo departamento de comunicación do concello.

Entre os aspirantes a levarse o galardón a mellor deportista do ano están Jordi Aragonés, integrante do corpo técnico do equipo de baloncesto femenino Wisla de Cracovia, co que colleitou unha Liga e unha Copa polacas e un cuarto posto na Euroliga. A remeira Luz María López, integrante da Rías Baixas e Samertolameu de Meira, equipos cos que o gañou todo. O taekwondista Raúl Bouzas, que levouse a Copa do Rey no 2011. Lidia Fernández, campiona autonómica de lanzamento de martelo e Carlos Miguéns, subcampión galego de trial, en categoría junior.

Redacción Salnés