Victoria balsámica do Est. Otero ante o Borges

tenisdemesa250_170210.jpgSALNÉS> Nesta xornada, de entre tódolos resultados destacou a victoria contra pronóstico do Establecimientos Otero que deu un paso de xigante de cara a permanencia.

Cando máis complicadas semellaban as cousas o Establecimientos Otero sacou adiante un dos partidos máis difíciles do ano. Recuperáronse as boas sensacións que hai tempo desapareceran para sumar dous puntos que valen media salvación.

E é que a falta de catro partidos para o remate da liga regular suma dúas victorias máis que o seu inmediato perseguidor, o Santa Eulalia de Ibiza, ademais de ter o average global favorable, dado que o particular está empatado.

A victoria dos cambadeses sobre o Borges (4-3) volveu a basarse na forza do equipo, onde esta vez sí, brillou con luz propia Adrián Vidal, que foi determinante xunto a Liu Junhui na consecución dos catro puntos.

O encontro tivo que resolverse no derradeiro punto, no dobres, onde Vidal e Junhui pasaron por enriba de Chao Zhang e Andrade para impoñerse por 3 sets a 1. A semana que ven terán un duro desplazamento a Irún onde se enfrontarán ó Leka Enea, terceiro na xeral.

Unha división por debaixo, en Primeira Nacional, o Liceo Casino levouse o derbi ante o Caixanova Cambados por 4-3, noutro encontro decidido tamén no dobres. Os cambadeses aguantaron ata o final pero a actuación no Liceo de Sergei Nigeruk foi determinante para que os puntos quedasen en Vilagarcía. Manteñen intactas as súas opcións de meterse na fase de ascenso mentres que o Caixanova sigue en postos de descenso aínda que confiados en poder saír desa situación nos catro partidos que quedan.

Na Primeira Nacional femenina dúas derrotas para o Caixa Galicia. No seu dobre desprazamento caeu co Casa Asturias por 6-0 e co Avilés por 5-1.

No tocante á Primeira Galega, no grupo de ascenso o Grupo Barros gañou por 1-6 ó Naronese, mentres que na fase de permanencia o Joyería Enrique venceu por 4-3 ó Rábade e o Charol 7-0 ó Narón.

Redacción Salnés