Andrés Domínguez e David Bada gañan en Sanxenxo

motos250_280410.jpgSANXENXO> O circuito París Dakart foi escenario da estrea do Campionato Galego de Scooter e Mini GP. O espectáculo das motos voltou a Sanxenxo onde congregou a numerosos afeccionados amantes da velocidade.

{flowplayer}images/salnes/motos_280410.flv{/flowplayer} 

As motos voltaron a Sanxenxo. Foi na primeira proba puntuable do Campionato Galego de Scooter e Mini GP. Numerosos afeccionados déronse cita no circuito París Dakart para seguir de preto as evolucións de ambas competicións.

Ás 10:30 daban comezo os adestramentos libres en Mini GP ós que lle seguían os de Scooter. A continuación leváronse a cabo os adestramentos cronometrados que decidiron a colocación dos pilotos na grella de saída.

En Scooter, Manuel Rea foi o máis rápido e levouse a pole cun tempo de 34.1 segundos, polos 34.5 de David Bada, que foi segundo, e os 34.8 de Fernando Otero, que saíu dende a terceira posición. Sen embargo en carreira as cousas cambiaron e Manuel Rea sufríu diferentes problemas que lle relegaron á novena posición. Sería David Bada o gañador, con Fernando Otero no segundo posto e Alejandro Márquez completando o podium.

Mentres, en Mini GP o dominio de Andrés Domínguez foi total. Completou as 21 voltas da carreira cun tempo de 13’28”, catro segundos máis rápido que o seu inmediato perseguidor, Yago Martínez e vinteún por diante de Cristian Laíño, que finalizou no terceiro posto.

Esta non será a única vez que o campionato galego visite Sanxenxo xa que en setembro voltará ó París Dakart, na derradeira proba do autonómico, a que pechará a competición.

Redacción Salnés