Poio acolle a celebración da I Travesía a Nado Combarro-Illa de Tambo

POIO> O Concello de Poio presenta a estrea da Travesía a Nado Combarro-Illa de Tambo, que se vai a celebrar o domingo 27 de xullo. Unha travesía non competitiva que contará cun cumprido sistema de seguridade.

O Concello de Poio acolle a celebración da primeira Travesía a Nado Combarro-Illa de Tambo, que organiza a empresa Neda el Mon. Unha actividade deportiva e de confraternidade sen ánimo de competición nin de lucro que se poderá ver neste Concello o domingo día 27 deste mes. Ate o de agora xa hai setenta persoas inscritas, se ben é certo que hoxe remataba o prazo para anotarse baixo a cota reducidade de 29 euros. Con todo, aínda hai vacantes. Poden anotarse na páxina web www.nedaelmon.com directamente, ou mediante o seu enlace que hai pendurado na propia páxina web do Concello de Poio. Amais do percorrido para maiores haberá unha travesía junior para nenos cun prezo simbólico. Os custes da travesía irán en parte destinados a sufragar a súa seguridade, así como outras enseres precisos para o desenrolo da mesma. En todo o momento, os participantes estarán acompañados de unidades de apoio; ben barcos do Porto Deportivo de Combarro, kayaks do equipo de Kayak Polo de Combarro, axentes de Protección Civil por mar e Policía Local en terra. Todo esta listo para o desenrolo desta ruta por un paraxe natural privilexiado. Desde terra, a travesía poderá ser vista desde distintos enclaves como son Combarro, Campelo ou un village disposto no Porto Deportivo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/travesia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/17/travesia_nado_poio.mp4{/flowplayer}