A Deputación dará o pulo definitivo ó viveiro empresarial do Son

dotacionmobiliarioviveiroempresas100.jpgPORTO DO SON> O responsable da Área de Promoción Económica da Deputación visitou as instalacións do viveiro de empresas de Porto do Son.

{flowplayer}barbanza/dotacionmobiliarioviveiroempresas.flv{/flowplayer}

Un dos principais obxectivos do executivo de Porto do Son é poñer en marcha o viveiro empresarial, construído na parroquia de Noal hai preto de dous anos. A falla de investimento para dotalo de mobiliario impediu que ata o de agora acollera as actividades para a que foi construído. Algo ó que o goberno local quere poñer remedio a través da axuda da Deputación.

O deputado responsable da Área de Promoción Económica comprometeuse a habilitar unha partida para a instalación do mobiliario preciso para poder iniciar os cursos e actividades formativas previstas. Ó mesmo tempo estudarase a proposta do concello para dotar ó centro dunhas instalacións destinadas a impartir cursos de cociña e hostalería.

Créditos a emprendedores

Dende a Deputación pretende continuar así coa súa política de apoio á formación e á creación de emprego. Recentemente veñen de asinar un convenio con varias entidades financeiras para a concesión de microcréditos a empresarios nos que a administración exerce como aval.

Trala visita ó viveiro de empresas, Santiago Freire supervisou as obras da piscina, outro proxecto subvencionado pola Deputación.

Redacción Barbanza