![]()
RIBADUMIA> Comeza a Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes, a vila ribadumiense coñecida polo viño tinto da zona; un producto natural…
{flowplayer}images/salnes/inauguracion_tinto_2012.flv{/flowplayer}
….e artesanal que este ano, segundo os que o cataron esta mellor que nunca. Nesta primeira xornada de venres, trala inauguración oficial, abriron os stands de degustación desta festa vinícola na Arousa.
En cada un deles poderemos encontrar os mellores caldos tintos do Salnés a prezos máis que asequibles; todo isto aderezado con música e toda sorte de espectáculos. O día grande será mañá, sábado, ca celebración da Cata Final dos viños que este ano se presentaron a concurso e a investidura dos novos Valedores do Tinto. Tamén neste día se celebrará a tradicional comida de confraternidade, unha xornada que contará coa Ministra de Fomento, a pontevedresa Ana Pastor, como convidada.
Lembrar entre as actividades programadas para estes días que mañá pola noite, na carballeira de Barrantes terá lugar un concerto pop para os mozos no que actuarán Los Pablos, Maryland e Sugar Mountais; e no domingo, a orquestra Panorama será a encargada de poñer o broche de ouro a esta corenta edición da Festa.
Redacción Salnés






