![]()
VILAGARCÍA – Os votos de PP e IVIL foron suficientes para aprobar as taxas e desestimar as alegacións presentadas polo BNG.
{flowplayer}images/salnes/PlenoVilla_280113.flv{/flowplayer}
A corporación de Vilagarcía aprobou en pleno a suba do 2,1% dun segundo paquete de taxas, que inclúe doce tributos como a recollida de lixo, a grúa, a impartición de de ensinazas no Conservatorio ou servizos especiais e transportes.
O BNG foi o único grupo que presentou alegacións e todas elas foron apoiadas por Esquerda Unida e PSOE. Tódolos grupos acusaron ó goberno de non facer política para os que máis o precisan e de non plantexar outro tipo de solucións.
Ademais da suba de taxas tamén debatíuse sobre a prórroga do segundo plan de igualdade, que tamén foi aprobada cos apoios de PSOE e EU, malia que criticaron ó goberno por non ter preparado un plan mellor nesta materia para os vindeiros anos.
Redacción Salnés






