![]()
BARBANZA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública celebrou un acto informativo no que se analizaron as medidas de recorte do Goberno.
{flowplayer}barbanza/actoinformativoplataformasanidade.flv{/flowplayer}
Cun acto celebrado na céntrica praza Compostela de Ribeira, a plataforma en defensa da sanidade pública da Barbanza quixo saír á rúa para explicar as medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia, e que veñen introducir importantes cambios no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.
Manifestación en Santiago
O acto serviu tamén para facer un chamamento á cidadanía a acudir á manifestación convocada para o próximo domingo en Santiago en contra dos recortes en sanidade e en defensa da sanidade pública, que partirá ás doce da mañá dende a alameda compostelá.
Redacción Barbanza








