Os veciños de Portas volven a concentrarse

    portas100_210108.jpgPORTAS > A loita dos veciños de Portas continúa. A última concentración tivo lugar o pasado sábado na estación da vila…

    …Segundo a coordinadora de afectados que cualificou de éxito total a protesta a cal se achegaron a máis de 150 persoas xunto coa participación de veciños de outros municipios colindantes. A resposta cidadá estivo á altura das circunstancias.

     A plataforma de afectados está levando a cabo diferentes iniciativas para recadar fondos como por exemplo a venta de camisetas a 6 euros que tan só o pasado sábado venderon unhas cen unidades, onde se podía ler emblemas como salva o tren.

    Nembargantes as actuacións levadas a cabo pola plataforma de Portas non se quedan aquí, xa que a súa voceira Lucía Latorre anunciou novas medidas como a solicitude para manter sendas reunións co presidente e vicepresidente da xunta de Galicia e co voceiro do PPde G Alberto Núñez Feijjo para achegar posturas e tentar chegar a unha solución. Outro dos anuncios feitos pola coordinadora é repetir a iniciativa do céntimo en taquilla. Teñen previsto nesta quenda ir ata estación de Vigo e pagar o billete con céntimos de euro para formar colas nos mostradores e chamar así a atención para concienciar ós usuarios de que o tren non debe desaparecer, xa que se o fai en Portas non tardará en facelo noutros municipios.

    Todos son conscientes que a loita polo tren vai a ser longa e iso vai custar cartos xa que se o asunto non se resolve en Galicia, non descartan viaxar a Madrid, e necesitan estar preparados economicamente para continuar cunha batalla que non pensan abandonar.

     Redacción Salnés