![]()
PONTEVEDRA> Aproveitando a conmemoración deste Día do Medio Ambiente, a Asociación de Veciños da Capela, na Devesa-Alba; propoñen a creación nesta parroquia….
{flowplayer}images/salnes/ptac_parque_forestal.flv{/flowplayer}
… pontevedresa dun parque botánico que aglutine as especies galegas máis significativas.
Esta Asociación veciñal en colaboración ca Mancomunidade de Montes de Santa María de Alba puxo a disposición para tal fin esta hectárea e media de terreo no Monte de Sequeiros, ó lago do campo de fútbol, no que é a zona alta de Alba, no límite co Concello de Barro. Unha vez que o Concello de Pontevedra lles axudou a quitar o lixo e os entullos deste lugar que se convertera, sen querelo, nun vertedoiro incontrolado.
Agora, piden a colaboración doutras administracións para poder completar o proxecto que coidan que podería roldar a inversión global de en torno ós 15.000 euros. O tempo xoga ó seu favor porque ata o inverno non poderían comezar ca reforestación; co que lle quedan varios meses por diante para recadar apoios para a este proxecto de defensa e posta en valor do entorno natural.
Redacción Salnés










