O Centro Comercial Deán da Pobra pon en marcha un supermercado virtual

POBRA> A iniciativa ten coma finalidade axudar a pasar mellor este confinamento e que os veciños da localidade poidan realizar as súas compras sen saír do seu domicilio. Polo de agora o seu ámbito de venda restrínxese só ó propio municipio.

Nun momento coma o actual no que o comercio de proximidade se atopa pasando por uns momentos complexos por mor da crise do coronavirus é cando xorden as mellores iniciativas. ë o caso do centro comercial Deán da Pobra que decidiu poñer en marcha un supermercado virtual. Para facer a compra só hai que acceder á súa páxina web: www.deanshop.com.

Na actualidade son xa cinco os negocios que forman parte desta iniciativa: A Peneira, Lusco e Fusco, Conxelados Coyomar, 4eco/ Limpeza Ecolóxica e Supermercado Atlántico. Aínda que non se descarta que se vaian incorporando máis.

Ademais e de cara ós próximos días coa celebración da Pascua, a entidade decidiu poñer en marcha outra iniciativa ‘O Roscón de Pascua’ para que ningún neno ou afillado quede estes días sen a súa rosca.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí