Xa están á venda as entradas para o Xantar dos Maiores da Pobra

POBRA> Xa están á venda as entradas para o xantar da terceira idade da Pobra que se celebrará o venres día 30 no pavillón de Venecia. Os interesados en reservar dispoñen de prazo ata o día 26 deste mes.

Os maiores da Pobra teñen unha cita o día 30 de novembro no xa tradicional xantar de confraternidade que organiza o concello. Como en anos anteriores celebrarase no pavillón de Venecia e contará cun menú servido polo restaurante Chicolino asñi como animación musical e outras sorpresas.

O prezo do prato é de quince euros. A achega do concello e das empresas patrocinadores fai posible ofertar a prezos populares un menú composto de dous mariscos, peixe, carne e postre.

Os interesados en adquirir a súa entrada tan só teñen que pasar pola casa do concello e presentar o DNI.