Cambados conmemora o Día do Medio Ambiente cunha plantación de árbores

    CAMBADOS> O Concello de Cambados estrea contedores soterrados no casco histórico. Ca intención de mellorar o aspecto visual deste entorno deron…

    {flowplayer}images/salnes/plantacion_carballo_cambados.flv{/flowplayer}

    … en colocar estes bins na rúa do Príncipe, na Valle Inclán, na San Francisco,na Praza da Leña e na Avenida de Madrid, que entrarán en servicio en breve e que completarán ós xa existentes na rúa Isabel Segunda e na Ribeira de Fefiñáns. Como ven, os contedores que albergan o lixo están baixo a rúa, deixando unha rúa limpa e sen cheiros.

    Os contedores só ascenden á superficie cando ven o camión do lixo a recollelos. Esta actuación supuxo un investimento de 200.000 euros a cargo do Fondo Financeiro do Estado para a Modernización de Infraestructuras Turísticas.

    De aquí a pouco continuarán colocando máis contedores deste tipo. Outro acto co que o Concello Cambados quixo conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente foi ca plantación dun carballo no Parque do Torrado; unha tarefa para a que o alcalde, Luís Aragunde, contou ca axude de escolares do Concello.

    Amais, o Concello segue a recoller, cada martes e venres, os enseres voluminosos, porta por porta, previo aviso no Concello; para que sexa máis doado e cómodo para os cambadeses mellorar o mediambiente do seu Concello.

    Redacción Salnés