Notable incremento das urxencias durante o verán no hospital do Barbanza

    colapsourxenciasbarbanza100.jpgBARBANZA> O incremento de poboación na comarca do Barbanza durante a tempada estival soe conlevar o colapso dalgúns servizos básicos. No eido sanitario, o hospital do Barbanza está a experimentar un repunte de pacientes na unidade de urxencias. Para facerlle fronte, a xerencia xa botou man de persoal de reforzo aínda que o número de camas segue a ser limitado.

    {flowplayer}barbanza/colapsourxenciasbarbanza.flv{/flowplayer}

    O hospital do Barbanza da cobertura a uns sesenta e cinco mil habitantes dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Porto do Son. Dado que se trata de vilas costeiras con gran atractivo turístico a súa poboación multiplícase durante o verán, incrementándose así mesmo o número de pacientes potenciais que poden precisar de asistencia sanitaria.

    Aínda que dende o centro xa se adoptaron unha serie de medidas para reducir o tempo de espera como a contratación de máis persoal hai xornadas nos que a actividade é tal que os pacientes vense obrigados a agardar horas para ser atendidos.

    Poucas camas

    Outro problema refírese ó limitado número de camas no caso de que algún paciente precise ser hospitalizado. Neste punto moitos consideran que a escaseza de prazas é un mal endémico non só do centro barbanzán senón dos hospitais de toda Galicia.

    A pesar do incremento de pacientes, dende Sanidade aseguran que a asistencia está garantida a pesar de que poidan existir momentos puntuais de maior actividade.

    Redacción Barbanza