Portos retira máis de duas toneladas de residuos no peirao de Aguiño

    RIBEIRA> Portos de Galicia e o centro de buceo Palmira Scuba retiraron máis de 2.200 quilos de residuos sólidos dos fondos mariños do peirao de Aguiño. Esta actuación enmárcase na segunda fase do plan de limpeza de dársenas posto en marcha polo ente público. Entre os residuos extraídos, atopáronse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, entre eles rodas, defensas e nasas. Ademais, retiráronse materiais e restos da propia actividade portuaria que accidentalmente acaban no fondo do mar, como caixas de pescado ou cabos desprendidos de embarcacións atracadas no peirao. Esta actividade é o resultado dun convenio de colaboración entre Portos de Galicia e o centro de buceo pobrense Palmira Scuba para o desenvolvemento de diversas actuacións nas rías de Pontevedra, Arousa e Vigo e na Costa da Morte. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, subliñou a importancia deste tipo de actuacións de cara á seguridade nas augas interiores e avanzou que se está a deseñar xa, por elo, unha segunda fase de actuación.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí