A Xunta finaliza a restauración ecolóxica desenvolvida na Duna de Corrubedo

RIBEIRA> A Xunta vén de rematar os traballos de restauración ecolóxica levados a cabo na duna de Corrubedo, dentro do Parque Natural. As actuacións realizadas para preservar a duna iniciáronse no ano 2022, cun investimento total de 500 mil euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba esta mañá o Parque Natural de Corrubedo, para coñecer de primeira man o resultado dos traballos levados a cabo na duna de cara a súa preservación. As actuacións para o control e erradicación de especies arbóreas colonizadoras neste espazo, como é o caso do Piñeiro, iniciáronse xa no ano 2022 e supuxeron un investimento duns 500 mil euros.

Segundo destacou Ángeles Vázquez, a actuación realizada foi todo un éxito, conseguindo conservar un espazo de gran valor medioambiental, considerado de interese comunitario prioritario

O proxecto, un dos de maior investimento dos realizados nun parque natural galego, contou con financiamento europeo a través do programa NextGenerationEU.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí