Porto do Son honra á Virxe do Carme

PORTO DO SON> Onte viviuse en Porto do Son o día grande da vila na honra da Virxe do Carme. As festexos comezaron pola mañá e alongáronse case ata tres da tarde. As tradicionais procesións estivo presente Rosa Quintana, Conselleira do Mar.

Veciños, autoridades e turistas, achegáronse onte ata Porto do Son para participar nas tradicionais procesións na honra da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros. E por iso, saíron ó mar ó redor de 20 barcos na súa honra.

Sobre as 10:30 comezou a tradicional procesión terrestre ca imaxe da virxe do Carme que saíu dende a capela A Atalaia. Unha vez na zona portuaria, comezaba a misa solemne.

Unha xornada na que veciños e tamén persoas vidas doutras comunidades, desfrutaron das procesións a súa maneira.

Tamén se achegou ata a vila sonense a Conselleira do Mar, Rosa Quitana, que confesou ser devota da virxe dos mariñeiros.

Onte foi día de procesións en Porto do Son, pero as Festas  do Carme rematarán o próximo mércores, día no que haberá fogos de artificio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí