Exemplo de xestión e reducción da débeda municipal

    NOIA> A executiva local do PSdeG-PSOE considera positivo o traballo realizado por Rafael García Guerrero á fronte do goberno local durante o pasado ano 2013. Entre os logros destacados pola agrupación socialista de Noia destaca o feito de que o concello noiés sexa o único de toda a provincia que saldou a totalidade da súa débeda, apuntando ó alcalde, Rafael García Guerrero e ó conxunto do seu equipo de goberno coma os verdadeiros responsables do éxito acadado na xestión económica municipal. Os socialistas noieses non só reivindican o traballo no saneamento financieiro do concello senón que tamén destacan o investimento realizado, que cifran entre obras e equipamentos en máis dun millón catrocentos mil euros. Entre as actuacións máis importantes en materia de obras levadas a cabo durante o 2013 sinalan a reforma integral do barrio de Bergondo, a apertura das rúas de Labarta, a primeira fase da rúa Pedra Sartaña, o peche perimetral do campo de fútbol, a primeira fase da mellora da rúa do Curro ou a renovación da cuberta da praza de abastos. Ademais tamén aludiron a obras de menor contía como é o caso do adoquinado de Argalo, o sendeiro do Tambre ou a primeira fase de Testal. En canto ós equipamentos os socialistas noieses fan fincapé na reconstrución por completo do parque infantil da alameda, a renovación de equipos e construcción de novos equipamentos na piscina climatizada, a aplicación de turismo para smartphones e tablets e a substitución do alumeado público no polígono industrial de Augalevada e en Barro e na rúa Castelao. Por último dende a agrupación socialista tamén fan un balance positivo sobre o goberno tripartito, de coalición entre o PSOE, N.O.I.A e o BNG, facendo fincapé na súa estabilidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/psoenoiabalance2013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/psoenoiabalance2013.mp4{/flowplayer}