![]()
SALNÉS> Aínda así, desde o sindicato lamentaron a baixa participación que se rexistrou nestes comicios. Aseguraron que os viticultores están desencantados.
{flowplayer}images/salnes/UUAA_ELECCIONS_CRDORB.flv{/flowplayer}
Moi satisfeitos e respaldados polos viticultores. Así se amosaron desde o sindicato Unións Agrarias ante o resultado das eleccións celebradas ó Consello Regulador da DO Rías Baixas o pasado domingo. Aseguran que gañaron as eleccións no Salnés e que na totalidade da DO só quedaron a sete puntos porcentuais de Xóvenes Agricultores.
Malia os resultados obtidos, tanto o Secretario Xeral polo Salnés de UUAA, Manuel Ángel Dopazo, coma o Secretario de Agricultura, Xosé Ramón González, lamentaron a baixa participación que se rexistrou. Desde o sindicato consideran que estas cifras veñen motivadas por dous factores: o desencanto dos viticultores e o desinterese do Consello neste proceso.
A partires de agora o que resta, sinalaron, é traballar pola DO. Aseguraron que os tres vocais cos que contan loitarán por defendelo papel do Consello. Para elo van esixir unha transparencia que nestes momentos, ó seu parecer, non existe.
Por último, ante a falta dun candidato á presidencia por UUAA, desde o sindicato amosáronse dispostos a buscar un consenso de xeito que a persoa elixida defenda por igual os intereses tanto de viticultores como de adegueiros.
Redacción Salnés









